O día 30 de xaneiro é o Día da Paz, celébrase en todo o mundo. No
colexio de Cabana organizamos actividades relacionadas con este día
tan especial.
A
min este día gústame moito, porque colaboramos todos e é preciso
recordar que fai falta paz no mundo, porque guerra xa hai moita.
Gustaríame
que non fosen só actividades feitas no colexio, que foran tamén
iniciativas de institucións como concellos, deputacións, e incluso
do goberno central, promovendo activamente a paz, non só facendo
videos de cancións, xa que sen ir máis lonxe a guerra de Siria
leva cinco anos, e a xente deste lugar precisa paz. Hai nenos que
naceron durante a guerra e non saben o que é vivir sen bombas. A
paz fai verdadeira falta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario