luns, 12 de decembro de 2016

Poemas de Rosalia de Castro citados na novela A memoria da choiva


Resultado de imaxes para cando un é moi dichoso, moi dichoso

Despois de lermos en 4º da ESO a novela de Pedro Feijoo, A memoria da choiva, e de respondermos un cuestionario sobre ela, déixovos neste blog os poemas de Rosalía de Castro que se citan na novela.

Iremos deixando noutros posts as nosas impresións ou outras cuestións relacionadas coa novela que tanto nos enganchou neste 1º trimestre.


"Cand'un é moi dichoso, moi dichoso" ("Vaguedás", Follas novas)
Cand'un é moi dichoso, moi dichoso,
¡Incomprensibre arcano!
Casi-que, n'é mentira an-qu'a pareza,
Ll'a un pesa d'o ser tanto.

¡Que n'o fondo ben fondo d'as entrañas
Hay un deserto páramo!
Que non s' enche con risas nin contentos,
Senon con froitos d'o delor amargos.

Pero cand'un ten penas
Y é en verdá desdichado,
Oco n'atopa no ferido peito,
Por qu'a dor, ¡enche tanto!

Tan abonda é a desgracia nos seus dones;
Qu'os verte ¡Dios llo pague! ôs regazados.
Hastra qu'o qu'os recibe
¡Ay! reventa de farto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario