Na lagoa
Os paxaros piadores,
baixo as pólas das árbores;
esqueceron os tremores,
só seguen o ritmo do vento.
Preto da extensa lagoa,
chorada polas sereas,
unha pedra ladroa
dos soños dos camiñantes.
Peixes no fondo do lago,
tan tranquilos nadando,
vixiando ben ós paxaros,
que sempre intentan pescalos.
Sementes que trouxo o vento,
naceron entre niños de pomba,
foron vendo durante moito tempo,
o que pasou na extensa lagoa.
Lucía Moreira (1º ESO)
Séntese a néboa ao lonxe
baten
as ondas no peirao
o
vento brúa enfadado.
A deusa Galicia
está
enfadada
non está
leda
non
foi escoitada.
Emigrantes galegos
voltade á
terroña
sei que ao
lonxe
sentides
morriña.
Galicia quedou triste
deixárona soa, a
chorar
marcharon sen
despedirse
pero Galicia,
poderá esquecer?
Elena Pose (1º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario