martes, 21 de xaneiro de 2014

Tristes armas de Marina Mayoral


Harmonía e Rosa, dúas irmás aínda nenas, marchan exiliadas á Rusia, por mor da guerra. Seu pai despídese delas, pero súa nai non chega a tempo. Harmonía e Rosa chegan a Rusia, a unha residencia onde as tratan moi ben. Harmonía quería escribirlle unha carta a súa nai, e por casualidade, a mestra pónllelo como tarefa. Harmonía escribe a carta, xunto cun debuxo de súa irmá Rosa, e mándaa a España, coa esperanza de que os seus pais a ían ler. Mentres isto ocorría en Rusia, en España a guerra non cesaba. A carta non pasara a fonteira con Francia, por mor da súa orixe. O pai de Harmonía seguía loitando, e tamén salvou a algún amigo de morrer polas súas ideas republicanas. Por desgraza, o pai das nenas falece. A noticia chegoulle a Carmiña, a súa muller, que, grazas ó amigo que salvara o seu marido , logra comezar unha nova vida fóra de España. Primeiro chega a Francia, onde unha muller lle axuda a saír desas residencias. A carta aínda estaba no lugar onde ficou Carmiña, pero ela nunca o chegou a saber. Xa acabada a guerra, a carta chega á vila, pero os parentes non a aceptaron, e o xefe de correos decide gardala. Carmiña, xa na Arxentina, coñece a un home co que, a causa dun favor, e por circunstancias da vida, acaba contraendo matrimonio, e instalándose nos Estados Unidos. En Rusia, as nenas seguían a súa vida, coa esperanza de reencontrarse cos seus pais. Un día, os nenos da escola foron a unha actuación de ballet, e Rosa decatouse de que quería ser bailarina. Tras un longo camiño e moito esforzo, logra ser aceptada no Bolshoi. Anos máis tarde convértese nunha prestixiosa bailarina. Mentras, Harmonía e León, un rapaz que coñecera o mesmo día que marchou de España, fanse noivos, e anos máis tarde casan. Xa anciáns, as dúas irmás e as súas respectivas familias volven a Galicia, onde o neto do antigo xefe de Correos lle entrega a devandita carta, que, anos atrás, terían que ter recibido os seus pais.
Lucía Gagino Fernández (2ºA)

Ningún comentario:

Publicar un comentario