mércores, 10 de outubro de 2012

Pel de lobo de Xosé Miranda

O libro conta unha historia dun cazador de lobos, que era axudado polo seu fillo. O cazador chamabase Fulxencio e o seu fillo Xosé. Un día pola noite veu buscar os cazadores un home de Incio. Fulxencio aceptou o traballo el e o seu fillo marcharon co home que se chamaba Oreste. Fulxencio preguntou de que se trataba e díxolle que era sobre un gran lobo negro o máis grande que viran. Colleron os cabalos e os tres máis o can Bal foron cara ao Incio. Chegaron alí xa de noite. O día seguinte non puideron ir buscar o lobo por mor da neve. Oreste presentoulles o Fidalgo e as súas fillas. Falaron do animal. A noite cada un tiña unha habitación, e o can con Xosé. O día seguinte sairon en busca da cova onde se agochaban os lobos. Un día estaban de camiño a casa cando se lles apareceu o lobo negro grande. Disparáronlle pero as balas non lle facían nada ao animal. O lobo atacacou a Bal, a Xosé é a Fulxencia fíxolle feridas leves que logo se lle curaron. Falaron de que se podía tratar dun lobishome. Unha vella contoulle unha historia dun lobishome que houbera hai moitos anos. Seguiron a busca dos lobos nos días seguintes. Fixeron unha montaría na que conseguiron matar algún lobo pero ningún era o que buscaban. Á volta da montaría encóntranse cos lobos un gran lobo branco e un gran lobo negro, e varios máis pequenos. Xosé non dá controlado o cabalo e escapan a toda velocidade, choca cunha árbore e cae ao chan levántase e corre cara unha casa que está medio en ruínas e alí escóndese. Atranca a porta con troncos e sente ladrar a Bal, ábrelle e déixao entrar. Déitase e sente que Bal esta a ouvear e méxalle enriba, e Xosé levántase e Bal sáltalle a un brazo, dispáralle e mátao. Dáse de conta de que os outros lobos xa están aí e métese no canizo. A porta cede, o lobo grande entra e busca por toda a casa e ve o cadáver de Bal. Como non ouvea, os outros lobos marchan. Así que os outros lobos marchan sae de dentro da pelaxe do lobo Aurora. Tira a pelaxe ao lume. Aurora ao velo dille que o seu pai lle botou esa maldición. Chega o outro gran lobo. Aurora pídelle que non dispare e ao mesmo tempo dille ao lobo que é Ana súa irmá que se vai. O lobo non obedece e ponlle a gadoupa encima, arrabúñaos todos e marcha. Aurora e Xosé van para a casa e cando chegan xa é de noite. Ao día seguinte foi á habitación de Ana e víu que estaba mal, abriu o caixón e encontrou o pelexo e botouno ao lume. Ao final casaron Xosé e Aurora. E Fulxencio Novoa deixou o oficio de cazador. Gabriel Fariña Varela (2º ESO)

Ningún comentario:

Publicar un comentario