martes, 16 de outubro de 2012
O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro
Esta obra do autor Marcos Calveiro foi Premio Xerais no ano 2012. É a historia dun adolescente que é enviado para a casa da súa tía Jojo, en Auvers, pola súa nai, que promete volver buscalo algún día.
Alí todo o mundo o trataba mal, ata que todo comezou a cambiar cando coñeceu a un pintor chamado Vincent. Con el pasará moitas horas e aprenderá moitas cousas novas. Tamén descubrirá o amor cunha rapaza chamada Adeline, pero resultará fallido.
Vicent era unha persoa solitaria e cuns cambios de humor moi bruscos pero aínda así levabábanse ben. El axudáballe cos seus fabulosos cadros e a encontrar paisaxes que pintar.
Cando o pintor lle declara o seu amor a Marguerite, a filla do seu bo amigo o doutor Gachet, esta recházao. Vincent súmese nunha profunda depresión e un día decide pegarse un tiro. O rapaz fai todo o posible por axudalo e intentar salvalo, pero todo e en balde pois o pintor morre.
O libro é moi bonito, aínda que un pouco triste e melancólico para o meu gusto.
Mariña Lema Blanco (2º ESO)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario