xoves, 3 de novembro de 2011
Pelos na lingua de Talía Teatro
A obra de teatro PELOS NA LINGUA foi interpretada o día 25 de outubro no Auditorio Municipal De Cabana de Bergantiños pola compañía TALÍA TEATRO para os rapaces de 3º e 4º da ESO do CPI AS REVOLTAS e mais alumnado do IES PONTECESO.
A obra ten un reperto de tres actores, nótase que son actores de primeira categoría, a súa presentación, a desenvoltura no escenario, e que manteñen unha estabilidade nos cambios de personaxe, a gran cantidade de texto e os obxectos usados no escenario de maneira que fan moi bo enlace.
O tema é sobre o tratamento da lingua galega, sobre que pode pasar con ela no seu futuro, xunto cunha constante metáfora nos seus diálogos.
Outra das cousas que me gustaría destacar desta obra é a comunicación co público, os actores establecen uns vínculos moi amenos, e iso nunha obra de teatro de humor axuda moito. Loxicamente está dirixido a un publico de entre 14 e 99 anos!
Yago Espasandín Lista 4ºESO
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario