domingo, 6 de novembro de 2011

4 de novembro, Día da Ciencia en Galego


O venres 4 de novembro no cole houbo actividades para conmemorar a celebración do Día da Ciencia en Galego. Mónica do Departamento de Física e Química organizou a exposición de Mulleres Galegas Científicas, elaborada polo alumnado de 3º e 4º da ESO e que podedes visitar no corredor do segundo ciclo de Secundaria.
Á parte disto María, do Departamento de Ciencias acompañou o alumnado de 4º da ESO á videoconferencia organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e impartida desde Natal (Brasil) polo profesor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal e director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da USC. A conferencia tivo por título APLICACIÓNS DA INVESTIGACIÓN XENÉTICA: O SEU USO NA PRÁCTICA POLICIAL. Unha introdución sobre o ADN foi o punto de partida para achegar as aplicacións da xenética no campo da investigación forense, área no que os grupos de investigadores liderados por Ángel Carracedo lideran a produción científica mundial.

Puideron asistir á videoconferencia máis de 6000 alumnos de toda Galicia, repartidos en case 100 centros. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que participaron tiveron a posibilidade de interaccionar co conferenciante vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.

Déixovos aquí ademais este video na que diferentes científicos e investigadores galegos falan da necesidade de empregar a lingua galega no ámbito divulgativo e de facer normal o seu uso nos diferentes eidos de investigación científica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario