mércores, 10 de outubro de 2012
Pozo de Leixelas
Na entrada da miña aldea, hai un pozo, co nome de pozo de Leixelas,
onde se xuntan o río Anllóns e o seu afluente, o Ballabosa.
Antigamente, os mozos ían bañarse alí e unha vez, unha vez unha rapaza
case afoga polas fortes correntes que alí hai, a pesar de que era boa
nadadora, e tivo que salvala un home xusto no último intre. Isto todo
é certo. Conta a lenda que nese pozo hai unhas escaleiras de pedra que
conducen a unha cavidade inferior subterránea. Alí os mouros
esconderon un dos seus maiores tesouros, pero, que á parte deles, aínda
ninguén chegou alí.
Adrián Abuín Pose (3º ESO)
A lenda da Cruz da Rosa
Esta lenda conta, que hai moitos anos un viaxante das Américas, de laxe, prometeu que se volvía san e salvo das Américas traería unha reliquia da cruz na cal morreu Jesucristo. Cando este viaxante regresou, trouxo consigo unha reliquia de dita cruz e levouna ao monte de Santa Rosa. A día de hoxe, dise, que esta reliquia se encontra, baixo o cruceiro de pedra que hai en dito monte, onde se levantou unha fermosa capela, a ermida de Santa Rosa de Lima. Esta cruz foi levantada no ano 1676, época na cal, este navegante de Laxe, apelidado Couceiro, facía a ruta España-Perú a mandou construír en agradecemento por salvarse dos ataques piratas.
Dende entón o 30 de Agosto é festa de Santa Rosa en Laxe, nesta festa os mariñeiros de dito pobo, soben en perenigración á ermida de Santa Rosa de Lima a pedirlle á santa, sorte e saúde no seu traballo no mar. O 21 de xullo tamén é festa en Laxe, e a celebración do día da Cruz da Rosa, no cal a misa se oficia en dita ermida.
Candela Martínez (3º ESO)
Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz
Sara, a protagonista, vai de vacacións á casa da súa avoa falecida ese mesmo ano. En vez de instalarse na habitación de sempre, mándanlle que vaia para a habitación do seu tío Moncho, ata agora prohibida pola súa avoa. Nese cuarto había unha especie de espírito que non lle deixaba descansar. Un día, de casualidade, descobre que no interior do armario había un compartimento segredo, abriuno e viu que estaba cheo de cartas do seu tío Moncho. Nelas contaba os plans que tiñan feitos el e a súa moza e que foron desfeitos pola guerra mentres que a el o collían preso e ela fuxía para Arxentina. Nada máis descubrilo cóntallo a súa nai, que tamén debía sabelo.
Sara tamén ten unha pequena historia de amor cun rapaz chamado Daniel pero non vai adiante.
Unha noite, Sara, viuse atraída pola presenza fantasmal ata a libraría do seu tío Moncho. Colleu un libro moi delgadiño, que non puidera ver antes, e decubriu no seu interior dúas cartas máis, que estaban escritas por Sara Salgueiro, a súa moza. Nelas conta que o estivo esperando pero que seguramente non se volvan ver xamais. Tamén menciona que ten outro noivo, pero que nunca o amara como o amou a el. Sara deduce que esa carta lle debeu sentar moi mal ao tío Moncho.
Sara e súa nai saben polas cartas, que ao tío Moncho lle gustaría volver á illa onde estivera preso, San Simón. Por iso deciden volver alí e buscar algo que o tío menciona nunha das súas cartas. Van e buscan por todos os lados. Cando xa case non tiñan esperanzas, a Sara ocórreselle mirar no muro do cemiterio que tanto lle gustaba a Moncho. Sacaron unha pedra que sobresaía un pouco, había un tobo. Sara logrou meter a man con dificultade e sacou unha caixiña de betume que contiña un anel de ouro cunha inscrición que poñía: Sara. O tío Moncho quería volver para entregarllo á súa moza, pero non fora posible. A súa nai decidiu que aquel anel agora era de Sara. Despois diso creo que o espírito logrou descansar en paz.
OPINIÓN PERSOAL
Este libro enganchoume ata o final, é precioso. Está cheo de misterio e tamén de romanticismo. Gustaríame que houbera unha segunda parte porque a mercaba nada máis saír.
Recoméndollela a todo o mundo, pequenos e maiores.
Mariña Lema Blanco (2º ESO)
mércores, 26 de setembro de 2012
A Rolda
A miña avoa contoume unha lenda que fala de que antigamente cando súa nai e as veciñas ían ao muíño de noite moer o millo para facer a broa vían uns espíritos.
Durante unhas noites, vían uns espíritos que ían con luces e pasaban ao lado da xente e non lle falaban. Elas colleron moito medo e fuxiron correndo. Elas contárono na aldea pero xa outras persoas xa o viran tamén e dicían que era a Rolda ou a Santa Compaña. Os maiores da aldea dicían que eran espíritos que viñan do purgatorio para pedir unha misa para saír del. Despois de lle facer a misa, desaparecían. Pero miña avoa di que como daquela había tanta fame, que a xente vía espíritos e luces por todos lados.
Ana Cancela Mato (3º ESO)
A lenda da furna dos Bolos
Entre a praia A Area das Vacas e a de Rebordelo está a Furna dos Bolos, unha cova que, segundo di a lenda, está ocupada por uns ananos chamados “os encantos”. Esta furna vai dende o mar ata un mosteiro de San Pedro, hoxe desaparecido, onde habitaban uns monxes da orde de San Bieito. Segundo estes monxes, os encantos ían tentalos. E segundo os “encantos” eran eles os que fuxían dos diaños.
Os que quixeron adentrarse na furna, en busca dos “encantos”, non foron quen de velos, xa que ao chegar a un certo punto, apagábaselle a candea ou candil que levaban, e isto obrigábaos a volver atrás.
Martiño Rivera (3º ESO)
A Santa Compaña en Sinde
A miña bisavoa contáballe a miña nai una lenda moi antiga e que súa avoa lle contara a ela; nas noites de inverno alá polo mes dos defuntos, os anciáns dicían que se podía oír e nalgunhas ocasións, incluso ver unha chea de luces no monte da capela de Sinde. Se o vento se dirixía cara Canduas podíase oír o son dunha campaíña,os anciáns dicían que anunciaba a morte dun ser querido para aqueles que oíran a campaíña, ou para algún dos que víran o ringleiro de luces que acompañaba o son da campaíña. Estas luces eran candeas que levaban ás ánimas dos mortos en pena e que acompañaban a una persoa víva que se atopaba con eles, e que levaba esta campaíña ata a hora da súa norte. A xente que oía, ou vía as luces comezaba a rezar para limpar ás súas almas por se eran eles os escollidos para a procesión dos defuntos ou por outra banda se lles chegara a hora da súa morte.
Adrián Pose (3º ESO)
mércores, 13 de xuño de 2012
O club da calceta de María Reimóndez
Matilde, Anxos, Luz, Rebeca, Elvira e Fernanda, cada unha levada polos seus problemas, únense a un club de calceta, onde se fan grandes amigas e atopan solución aos seus problemas, rematando por fundaren empresas propias co apoio das demais, xa fose en cooperativas ou en solitario.
Pero, misteriosamente, morren os homes que lles causaban problemas, e xcase todo leva a pensar que elas os asasinaron.
Matilde, que sempre tivo problemas debido ao seu tamaño, máis grande do normal, monta a súa tenda de lás, “Á túa medida”, na que tamén remata vendendo esculturas similares ás que facía a súa tía Davinia, asasinada tras vingar a violación dunha amiga.
Anxos, unha feminista da Universidade, deixa a seu mozo, Damián, así como á súa labor feminista. Posto que queda sen casa vai vivir con Elvira, e planifica crear unha revista de investigación económica feminina.
Luz, que era prostituta desde que súa nai a introducira no negocio, e Rebeca, unha loira de corpo dez cuxo mozo a “engana” coa súa xefa (non se pode dicir realmente que a engane, pois cóntallo con toda naturalidade esperando que non lle importe), fundan unha empresa de asesoramento empresarial para mulleres na que lles axuda tamén Anxos. Luz deixa a prostitución e vai vivir con Elvira e Anxos cando as súas antigas compañeiras lle dan unha tunda porque pensan que segue no negocio por si soa. Rebeca independízase e namórase de Laura, que era a asistenta social que lle axudou a Luz.
Elvira, xa maior, é unha beata de santa Marta e san Antón. Xunto coa súa amiga Antonia, que tivera que abortar dun fillo do párroco, Serafín, rouba a Virxe da Igrexa para evitar que a vendan, e non a devolven ata que Serafín está morto e se aseguran de que non se volverá intentar a venda.
Fernanda, a quen lle falta unha perna pero lle sobra apoio do seu home, cumpre o seu soño de facerse condutora de autobús.
Entre outros morren o pai Serafín; Xosé Barroso, o entrevistador de ofertas de traballo que desprezara a Rebeca só por ser unha loira guapa; o condutor de autobús que detiña o vehículo lonxe da parada para que tivera que ir ata onde el parara; etc.
Paréceme unha gran obra, encántame cada unha das persoaxes: a triste vida de Luz, a loita de Fernanda, o rexeitamento dos prexuizos de Rebeca, a disposición a axudar de Elvira... Porén, paréceme moi esáxerada, dando por feito que fose así, pois non o aclaran.
Laura García Devesa (4º ESO)

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)