sábado, 15 de xuño de 2019

Este ceo vermello, Brais Rellán Cundíns, 2º ESO



Este ceo vermello, é unha bonita paisaxe de costa,
tan bonito, que ata parece que estea feito aposta.
nubes grandes, nubes pequenas
nubes diminutas, nubes espesas.

Vese o centro médico, tamén algo do bosque,
vense as pólas da palmeira, 
vese o coche do gardabosques;
vese escuridade, vese luz externa,

tamén me acordo de que ese día doíame a perna.

Nótase calor, coma se fose a vida,
como se che quere dicir algo,
como se algo che pide.


Quere xogar contigo,
achégate a ela
coma se ela fose o barco,
e ti foses a vela.

Este mar vermello,
é símbolo de esperanza,
eu non quero guerras,
senón unha alianza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario