Javier
Naya Lema é un músico da Costa da Morte que traballou con grandes
bandas como, Luar da Lubre entre outros. Actualmente exerce de
profesor de música no CPI As Revoltas e a fin de semana dedícalla
máis á música. Hoxe temos o pracer de entrevistalo.
Canto
fai que empezaches a tocar?
Supoño
que de pequeno, empecei a tocar a guitarra porque a batería non ma
compraron por falta de cartos, de espazo e de que molestaba os
veciños. Tocaba a guitarra no portal ata 10 horas diarias.
Cantos
instrumentos tes na casa?
Mogollón!
Teño 10 guitarras, 2 teclados, 3 baterías, 2 mandolínas,1 banjo ,
un baixo eléctrico, etc
Temos
información que estiveches no grupo Madialeva. Segue en activo?
Non.
Deixou de funcionar hai 9 anos porque non tiña axuda económica
ademais non tiñamos onde ensaiar.
Abandonaches
o grupo antes da súa disolución ou permaneciches nel ata que se
desfixo?
Non
abandonei, e cando se disolveu intentei volver unir o grupo, mais
foi imposible por motivos persoais dos diferentes integrantes.
Que
opinas da música moderna?
Opino
que é un produto de mala calidade.
Ao
teu fillo gústalle a música?
Si que
lle gusta, e mais! toca o trombón, vai o conservatorio.
Gustaríache
que teu fillo vivira da música?
É
difícil vivir da música; gustaríame que tivera unha formación
musical, e despois se vivira da música non me importaría pero o
máis importante é que teña unha boa formación.
Actuaches
fora da Coruña?
Estiven
na maior parte de España, en Francia, Portugal, e Suíza.
Como
curiosidade contarvos que toquei na orquestra sinfónica de
Galicia como guitarrista eléctrico e con Luar na Lubre un ano.
Que
morte dalgún músico te marcou?
Marcoume
a morte de Jhon Lenon e foi o detonante que me dedicara a tocar.
Gañaches
algún premio?
Si, un
segundo premio e a recompensa foron (215.000 euros)
Canto
tempo leva gravar un disco?
Leva
tempo gravar, e compoñelo (é directamente proporcional ao tempo que
teñas)
Deixarías
a docencia solo para dedicarte exclusivamente á música?
Se
soubera que podía vivir so da música sí, pero como non o sei…
Tiñas
o tes algún póster dalgún cantante ?
A
habitación era pequena pero tiña posters de Pink Floyd, Status Quo,
ACDC un póster de modelo de
guitarra.
Hai
alguén da túa familia que sexa músico?
Non,
ninguén que eu saiba.
Cantos
discos sacaches?
Saquei
6 discos con grupos e ademais 1en solitario
Tes
algo colgado en spotify ou en internet?
Non
teño nada en spotify e en internet non teño moito...(nin en
Instagram, facebook..)
Ata
que punto é importante ter un bo instrumento?
Canto
mellor sexa a ferramenta, mellor vas traballar.
Saúdos a Javi Naya de Javier Felípez. Métete en Facebook para saber qué tal che vai e poder disfrutar do teu talento. Despois de tantos anos, seria unha alegria ter novas túas. Keep on Rockin'!!!!
ResponderEliminar