Existen
diferentes culturas gastronómicas en todo o mundo. Moitos teñen
algunha comida bastante rara para nós. Tanto como os galegos
temos a empanada, o caldo, os callos, o polbo á feira, os
percebes, etc. noutros países teñen comidas tan raras como
tarántula frita (Camboia), ollos xigantes de atún (Xapón),
polbo vivo (Corea do sur), lagarto seco (Hong Kong), feto de pato
xa desenvolvido (Filipinas), cabalos de mar, estrelas de mar e
escorpións nun pau (China), peixe globo (Xapón), larvas das
agresivas e xigantes formigas negras Liometopum (México), Casu
Marza (Cerdeña), patas de galiña (China), pel e graxa de balea
boreal (Groenlandia), ovos centenarios (China), etc.
Pero non só
pasa coas comidas, tamén ocorre coas bebidas, por exemplo, un
vaso de tomate, vinagre e ollos de ovella para a resaca (Mongolia) e
viño de rato (China). Seríamos capaces de comer peixe globo ou
polbo vivo correndo o perigo de poder morrer? Desde logo eu
prefiro a comida típica galega.
Lucía Sánchez Suárez
4º ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario