mércores, 8 de febreiro de 2017

Conmemorando o Día da Paz, Brais Martínez Lema (2º ESO)

Se pensamos na palabra `paz´, todos pensamos en que non hai loita entre países, ou que hai harmonía entre as persoas, sen enfrontamentos… Se buscásemos `paz´ nun dicionario, estas serían unas das definicións máis correctas, pero a paz son máis cousas.
O día 30 de xaneiro é o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Pero iso non quere dicir, que só teñamos que pensar e facer a paz ese día, hai que vivir pacificamente día a día para poder mellorar o noso mundo e a calidade de vida.

No noso colexio, para conmemorar este día:
Suben cada día ao blog da biblioteca, actividades sobre a paz, lecturas sobre personaxes destacadas, vídeos...
E no corredor, expuxeron unha grande cantidade de libros e películas relacionadas coa paz.
Tamén hai un montón de biografías: de Gandhi, Martin Luther King, Nelson Mandela...
Son algúns das persoNaxes galardoadas co Premio Nobel da Paz.
Premio, que moita xente pensa que non o merecen moitos dos que se lle foi entregado, xa que as súas accións foron moi boas, pero provocaron conflitos, guerras, estiveron na cárcere...
Este premio foi entregado a 98 persoas e 20 asociacións dende a súa creación no 1901.

Para quen non saiba que é este premio:
É un premio instituído por Alfred Nobel, que xa instituíra outros catro.
Este, entrégaselle á persoa que traballara máis ou mellor entre a fraternidade entre nacións e que transmitira en todo momento a paz.

No colexio, estamos a traballar nalgunhas actividades como:
Por exemplo, onte xogamos a un xogo sobre a paz. Trataba de que tres persoas representaban a diversos lugares do mundo como: Oriente Medio, Estados Unidos, Unión Europea, Asia...
E o que tiñas que conseguir, era aliarte con países para poder aumentar a
alimentación, a sanidade, a educación... nese país que ti representabas e intentar
ter moi baixo as armas para poder ter un país o máis pacífico do mundo.

Outra das actividades, foi a de escribir unha mensaxe de paz, que queiramos transmitir, escribila nunha cartolina e introducila nun vaso.

Persoalmente, penso que celebrar o Día da Paz é unha parvada, xa que se ese día estamos todos moi conciliados co mundo, e o resto do ano nos da igual pois non serve de nada.
E sobre o Premio Nobel da Paz, penso que está ben, que llo entreguen a xente como Wangari Maathai, que loitou por unha causa en todo momento, non se detivo nos momentos máis difíciles, e o máis importante, cumpriu o seu propósito pacificamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario