A
paz debería de estar presente en todo o mundo, xa que é necesaria.
Ninguén quere vivir nun mundo en guerra rodeados de norte, roubos e
maldade. Moitas veces a xente actúa sen pensar nas consecuencias que
os seus actos poden acarrexar. Moi pouca xente é consciente da fame
e da pobreza que hai en todo o mundo, e son menos os que deciden
mediante os seus propios medios axudalos dalgunha maneira, xa sexa
doando, alimentándoos, viaxando no caso de ter coñecementos médicos
para axudar, etc.
Cando
unha persoa fai algo malo tense que enfrontar ao sistema xurídico
que, lamentablemente, en moitos lugares é moi débil. Debido e isto
moitos culpables de delitos quedan inmunes e non se pode facer nada
para evitalo. É irónico que os países que menos teñen son os que
máis dan, xa que eles coñecen a pobreza e saben o que se sente e
teñen a necesidade de axudar. Deberiamos aprender deles e ter
empatía cos demais porque o día de mañá eses podíamos ser nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario