Tristes
armas, escrito
por Marina Mayoral, aborda un tema duro, como son as guerras.
Neste caso a guerra civil de España.
As
protagonistas desta historia, Harmonía e Rosa, son dúas irmás.
Dúas nenas as que a guerra civil lles quitou a súa familia. O seu
pai, Miguel, alistouse como soldado, e a súa nai, Carmiña, como
enfermeira na guerra. Harmonía e Rosa pasaron moito tempo nun
orfanato, ata que os seus pais decidiron que era conveniente que
marchasen, coma moitos outros nenos, para Rusia. En Rusia,
garantíaselles un futuro, uns estudos e unha boa vida, pero lonxe
das súas familias. O día no que partiron para Rusia foi a última
vez que viron ao seu pai xa que pouco tempo despois morreu loitando
no fronte. A súa nai conseguiu escapar da guerra e fuxiu para os
Estados Unidos, onde, moito tempo despois, se casou con un bo home.
Ese mesmo día, o día de embarcar cara Rusia, Harmonía fixouse nun
rapaz mais ou menos da súa idade, ao que ninguén viñera despedir.
Non choraba, era o único que non choraba naquel triste día. Máis
adiante descubriu que se chamaba León e que entre ambos había un
cariño especial.
As
nenas creceron rápido e era hora de elixir o seu futuro. Nun deses
intentos Rosa descubriu que quería ser bailarina e traballou moi
duro para conseguilo ata que foi admitida na escola de baile máis
prestixiosa de Rusia. Isto permitíalle ver, moi de vez en cando, a
súa nai que continuaba a vivir nos Estados Unidos. Harmonía e León
tamén decidiron que querían facer na súa vida. León foi un
importante enxeñeiro e Harmonía traballou coidando nenos que
escapaban da guerra. Pero Harmonía e León estaban namorados polo
que casaron e tiveron dous fillos. Moitos anos despois Rosa,
Harmonía, León e toda a familia puideron volver a súa querida
Galicia.
Persoalmente
gustoume moito este libro xa que fala dun tema real e duro, como foi
a guerra civil, dende distintos puntos de vista. Neste libro podemos
ver como viviron a guerra tanto os soldados de ambos bandos e as
enfermeiras que asistían na guerra como os nenos se vían sen
familia nun país estranxeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario