Ninguén
pode dicir que nunca soltou unha risa cando alguén dicía un
comentario ofensivo cara outra persoa que non é igual que nós, ben
sexa polas súas crenzas relixiosas, a súa etnia, a súa orientación
sexual ou os seus gustos en todos os campos. Ninguén pode dicir que
non insultou, en maior ou menor rango, a unha persoa que non
coñecemos, ou catalogamos como “diferente”, aínda que, todos
somos diferentes.
Por
desgraza tomamos como costume xulgar a un conxunto por unha soa
persoa, por exemplo: os galegos son todos moi brutos, os musulmáns
son todos terroristas. Acaso cando nace un neno galego lle poñen
como condición ser bruto? Ou cando unha persoa practica o Islam lle
obrigan a ser terrorista? Entón, por que seguimos xulgando as
persoas pola súas crenzas ou aparencia en lugar de facelo polo que
demostran ser?
En
só unha clase podemos darnos de conta de que se a un neno non lle
gusta o fútbol, ou non fai un comentario cando ve aparecer un peito
non pode ser un neno. De que se unha nena non quere vestir con
pantalóns pitillos e os zapatos de moda non pode ser unha nena.
Isto
sucede en parte porque temos medo ao que non coñecemos, temos medo a
aquilo que se sae do que estamos acostumados a ver dende pequenos, a
aquilo que non vivimos en primeira persoa e por iso, en lugar de
tentar poñernos na pel do outro o criticamos. Sen outra razón que o
descoñecemento.
Pero….
E se o noso medo é que nos poida gustar o que non coñecemos e por
iso non queremos entendelo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario