O medioambiente estase a danar moitísimo por culpa das industrias. O que a canción de Deus ke te Crew e Quempallou, Ninguén, nos transmite é que nos estamos deixando levar ao querer conseguir o que nos propoñemos. Estanse a implantar fábricas nucleares, de celulosa, etc. E isto todo dana o medioambiente.
Ao final, se isto segue así, vai acabar moi mal. É bo ter enerxía solar, eléctrica, xeotérmica, poder obter celulosa… e tamén xerar moitos postos de traballo, o cal pode favorecer o comercio, pero non se pode pensar soamente niso. Hai que pensar en toda a natureza que estamos destruíndo, as rías que estamos contaminando, a fauna e a flora que está morrendo... Créanse recursos para destruír outros.
Seguro que se dan conta do que as fábricas nucleares contaminan pero obtense enerxía e non queren facer nada ao respecto. É un acto ilóxico.
Poderían seguir desenvolvendo enerxías renovables ou incluso intentar descubrir algunha outra.
O fume que se desprende das industrias, que conten moitos químicos contaminantes, poden chegar a danarnos e fannos morrer por enfermidades. Incluso pode estar tan mal que se poderían descubrir novos tipos de enfermidades. Implántanse centrais de enerxía eólica para gañarlle electricidade á forza do vento, pero para construílos hai que destruír vexetación e tamén dana a paisaxe.
O goberno ten moito que ver nisto. Sempre promete cousas: que baixan impostos ou calquera reto que se queren propoñer. Pero só é para gañar votos. Despois non fan nada. Hoxe en día móntase a lea na ría de Pontevedra pola fábrica ENCE que causa a contaminación da ría. O goberno aínda concedeu máis tempo a fábrica para traballar alí coa celulosa. Este é un bo exemplo do que poderá ocorrer nun futuro; se agora se está contaminando esta ría haise que imaxinar o que poderá ocorrer en 60 anos máis!
Esta contaminación vai acabar cos alimentos que temos para sobrevivir, se se incrementa moito, e incluso pode acabar con postos de traballo, por exemplo, a pesca, se se contaminan os ríos.
A miña opinión é que se se contaminan os alimentos e todo o que necesitamos para sobrevivir, non vai haber xente en condicións para traballar, e se non hai xente en condicións para traballar, non se pode cobrar soldo, e se non se cobra soldo, o comercio non funciona. Se non se crearan centrais teriamos aínda o medioambiente san e teriamos máis tempo para crear postos de traballo. Estase a acabar o mundo e temos que facer algo para terminar con esta loucura.
Simón Collazo Lema 3º A ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario