mércores, 1 de xaneiro de 2014

A pedra do seixo de María Canosa

Esta é a historia dunha nena, á que a súa madriña lle regala polo seu aniversario unha bola de cristal.
Ela e os seus amigos pensan que é de mentira pero un día ela pon as súas mans encima da bola e comezan a pasar cousas raras.
A súa amiga Berta elévase do chan e empeza a falar con voz de home. Falaba dun home que cometeu un roubo e botárono no cárcere, agora el quere suicidarse cunha pistola que un amigo lle vai levar ao cárcere. Os rapaces foron alí e contáronlle á policía o que ía pasar e así evitaron a morte do home.
Outro día volveron a coller a bola e tocoulle a os mellizos Uxía e Hadrián. Comezaron a suar e de momento non pasou nada máis pero ao día seguinte dixeron que lles pasaran cousas moi raras, falaban ao mesmo tempo, se un levaba un golpe doíalle ao outro…
O terceiro día tocoulle a Lidia, unha voz que saía da bola falaba con ela e dicíalle que era o seu irmán Liño que morrera había moitos anos. Díxolle que no caixón da súa mesiña de noite había unha pedra de seixo e que a próxima vez que volvera a levara para xunto a bola que quería vela. Asía fíxoo, púxoa encima da bola e ao dereito viu a cara do seu irmán. Tamén lle dixo que cando quixera contactar con el tiña que levar a pedra ás doce do mediodía a ‘’Rocha do tesouro’’ o día dezasete de xuño de cada ano porque era o día do seu aniversario.
Agora a nena decide que vai gardar a bola de cristal na súa caixa para sempre, e Berta vai levar sempre pendurada do pescozo a pedra de seixo que a une ao seu irmán.

Iván Mira (1º A)

1 comentario: