domingo, 6 de novembro de 2011

O aniversario por Laura Rodríguez Domínguez

Unha noite normal Martín e Uxía deitáronse como de costume,eran marido e muller.Martín un home de sono profundo caeu durmido sen darse de conta sequera,mentres que Uxía que tiña un sono máis lixeiro,tras non conseguir durmir comezou a escoitar unhas estrañas rabuñaduras.

Uxía estaba paralizada por causa do medo e o primeiro que pensou foi que entraran a roubar,sen encender a luz espertou o seu marido dicíndolle que revisara por se había algo fóra do normal. Martín espertou,sen ganas de levantarse,pero escoitou o mesmo ruído e dixo:
-Será o can.

Logo de encender a luz,os dous percatáronse de que o can estaba durmindo aos pés da cama,volveron apagar a luz e ao momento volveron a escoitarse as rabuñaduras,que cada vez parecían máis fortes e daba a impresión de que eran na porta dese mesmo cuarto.

Despois de escoitar varias veces o mesmo ruído,Martín e Uxía foron en silencio ata a cociña, ela seguía todos os pasos de Martín pero sen saber como,notou como algo a agarraba por detrás, comezou a berrar pero era como se non fixera nada xa que non saía o máis mínimo son pola súa boca. Martín ao darse de conta de que ela non o seguía comezou a buscar por toda a casa ata que a atopou no salón,xusto diante dunha fotografía dos dous coa nai de Uxía,xa morta. Estaba soa, pero non se podía mover e Martín non era capaz de achegarse a ela. Uxía sentiu unha forte dor no seu peito e con todas as forzas que tiña berrou de súpeto:
- Hoxe é o aniversario da morte de miña nai!

Logo de dicir iso,caeu no chan e xa nada a tiña retida,Martín correu a abrazala e a preguntarlle se estaba ben.Ela contestoulle:
-Á parte do susto,estou perfectamente. Prometo non olvidarme nunca deste día.

Laura Rodríguez Domínguez (4º ESO)

Ningún comentario:

Publicar un comentario