Cos alumnos de 3º de Diversificación Curricular estamos lendo o poemario Makinaria de Carlos Negro. É un poemario dirixido á xente nova que reflicte a inconsciencia da mocidade e o seu gusto pola velocidade. Cóntanos como un mozo pode perder a vida na estrada da adolescencia, sobre como o discurso dos "vellos" lles entra por unha orella e lles sae por outra, porque o enorme espazo que separa a mozos e vellos é inmenso. É unha poesía de lectura rápida, mesmo frenética, obsesionada pola velocidade e que nos dirixe a un cru destino, o cemiterio.
Como afirma Rosa Aneiros no epílogo, "Makinaria é unha canción desesperada de gasolina e goma abrasada", un libro que chega á mocidade porque fala e sente igual, coa súa voz cotiá.
Despois de ler o poemario, estivemos traballando nesta proposta de actividades LIM que vos recomendo, porque lle permite ao alumnado volver sobre aqueles poemas que máis lle interesan, poñerlle a banda sonora de Bruce Springsteen aos versos, xogar cos versos, reflexionar sobre o que leron, entender mellor as referencias e a intertextualidade co mundo da arte, da música e moito máis.
Este foi un dos poemas que elixiron os rapaces como dos seus favoritos:
Thunder Road
Deixa
que os motores
ruxan salvaxes
imos xuntos
queimar
a madrugada
esnifar
unhas cantas raias
da estrada
a tope
cos malotes de sempre
a arrasar
nena
a arrasar
que o día de maña
din que nunca existiu
e ti tes uns ollos azuis
e flipantes
e eu un burato de medo
no medio da chapa do peito
que se cadra ti
esta noite
es quen de encher
agora
corpo a corpo
antes de que oxiden
as horas e a vida
sexa
fume
Deixa
que os motores
ruxan salvaxes
imos xuntos
queimar
a madrugada
esnifar
unhas cantas raias
da estrada
a tope
cos malotes de sempre
a arrasar
nena
a arrasar
que o día de maña
din que nunca existiu
e ti tes uns ollos azuis
e flipantes
e eu un burato de medo
no medio da chapa do peito
que se cadra ti
esta noite
es quen de encher
agora
corpo a corpo
antes de que oxiden
as horas e a vida
sexa
fume
de tubo de escape
unha derrapaxe
en falso
na seguinte curva.
unha derrapaxe
en falso
na seguinte curva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario