O alumnado de lingua e literatura galega participou nun recitado dos poemas de Rosalía recordando o seu día e poñéndolle voz aos seus versos.
Revoltalingua
Blogue de aula de Lingua Galega e Literatura do CPI As Revoltas
mércores, 24 de febreiro de 2021
xoves, 11 de xuño de 2020
A MÚSICA GALEGA HOXE EN DÍA
O alumnado da ESO esta semana mergullouse na música en galego e descubriron que na nosa música tamén temos presentes todos os estilos que eles coñecen. A música é imprescindible na nosa vida e por iso que a temos que valorar e máis en galego. Algún dos traballos son verdadeiras xoias así que aquí volos dámos a coñecer:
Elena pose de revoltalingua
MÁIS ELECCIÓNS SOBRE MÚSICA GALEGA
Unha canción en galego que me gusta é a canción Anllóns de Poetarras. https://youtu.be/jqbHB4OaRMQ
O motivo da miña opinión por esta canción é que me gusta porque este río se atopa na miña localidade.
O significado que ten a súa letra é que quere darlle importancia ao ría Anllóns porque é un río que se está esquecendo.
Poetarras é un grupo musical e cómico galego creado no 2013. Esta formado polos cangueses Manuel Cago e Rubén Lino, polo bueués Pablo Lamosa e o amesán Daniel Vilaverde. Acadaron sona a través dos seus vídeos publicados na súa conta de You Tube nos cales fan covers humorísticos de cancións. No ano 2016 participaron no centenario das Irmandades da Fala coa composición da canción Fala participando no seu videoclip cantantes como Sés ou o humorista David Amor.
Martín Nantón 2º ESO
A canción elixida é:
Cultura Crítica é a canción que escollín, do grupo NAO xunto con Tanxugueira e SonDaRúa. Escollina porque me gusta moito, tanto o ritmo como a letra que fala como a maioría das súas cancións de política e critica a sociedade.
NAO foi un grupo de música en galego de rock orixinario da Estrada. Estivo activo de 2005-2019 tempo no que editaron catro albúms e tres EPs. Nun principio estaba formado por Pablo Carracedp, Xavi Castro, Gustavo Brea, Xosé Maceira e Ramón pero no 2007 Maceira deixou o grupo e chegou Paul Zervero e logo no 2013 a batería quedou a cargo de Xosé Ramón Iglesias. Os seus albúms son ‘As palabras Espidas’, ‘Coas túas mans’, ‘Cancións de amor e liberdade’ e ‘Ata que o lume se apague’. E os seus Eps chámanse ‘Cartas no caderno’, ‘Soñar’ e ‘Crear’. Tamén fixeron dúas maquetas, ‘Usa a palabra’ e ‘Somos NAO’.
Irene Torrado 2º ESO
• CANCIÓN EN GALEGO: “Morrer en Jalisia”, por Monoulios DOP.
Eu elexín esta canción porque cando ía en 6º descubríramola un día e era coma o noso himno. Tamén porque é moi festeira e motivadora.
O significado da súa letra é sinxelo, simplemente fala sobre o apego pola nosa terra e algunhas cousas que temos todos os galegos de corazón en común.
-Sobre Monoulios DOP:
>Maioritariamente, o seu estilo é rock.
>Os seus compoñentes son: Xoán Montes Prieto e Julio Mayo Pedrosa, ambos de Noia.
>Fundóuse hai 7 anos.
>O grupo publicou 3 albúms: “Black Album”, “Os Bolechas (Chis Pum)” e “L.P.Padre”.
Inés Eiroa 3º ESO
venres, 29 de maio de 2020
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ
Seguindo a traxectoria dos autores do Rexurdimento o alumnado de 3º da ESO fixo unha presentación do autor de Celanova Manuel Curros Enríquez. Achégannos así a súa figura e relevancia no período de esplendor do século XIX. Os traballos que aquí se presentan son labor de investigación dos alumnos e das alumnas para coñecer ao autor que forma parte da literatura deste curso.
luns, 25 de maio de 2020
CADERNO DE VIAXES
O alumnado de 1º e 2º da ESO esta semana van ir de viaxe virtual é por iso que nos deleitaron cada un co seu traballo, recomendándonos un lugar de Galicia. Galicia é un sitio marabilloso, con lugares preciosos que descoñecemos, por este motivo o alumnado do CPI As Revoltas vainos levar a lugares que eles viaxarán e tamén nos recomendarán, non só o sitio, se non tamén a gastronomía, a cultura, o ocio e a hospedaxe. Saímos logo!!!
luns, 18 de maio de 2020
ALGUNHAS REFLEXIÓNS SOBRE A POESÍA DE POSGUERRA
O poema que máis me gustou/ chamou a atención, foi “Longa noite de pedra” de Celso
Emilio, xa me sonaba de escoitalo máis veces, pero nunca me fixara no que di máis
profundamente.
Non falo pra os soberbios
non falo pra os ruíns e poderosos
non falo pra os baleiros
non falo pra os estúpidos
que falo pra os que aguantan rexamente
mentiras e inxustizas decotío
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de bolboretas
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
De tódolos que sofren neste mundo
Decidín escoller este poema xa que me impactou bastante a mensaxe que transmite,
durante a guerra civil, estaba completamente prohibido falar en galego, por iso Celso
Emilio decidiu escribir este poema, nel plasmou que a lingua galega era a nosa
identidade mais a maioría da poboación non a falaba, ben por medo, por fachada etc.
Ademais penso que este poema tamén se podería usar neste momento e mostrarllo a
todas esas persoas que deixan de lado a súa lingua materna (o galego) e comezan a falar
o castelán, ben por pensar que é mellor ou ben por intentar encaixar nunha sociedade
que cada vez infravalorada máis a nosa lingua, a cal é a nosa identidade. Pois o galego
é a nosa nai e o castelán a nosa madrasta.
ELENA POSE (4º ESO)
Pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garavata xa non saben
afirmarse ao amor dos devanceiros,
falar a fala nai
Celso Emilio: Longa noite de pedra
Cando o lin sentinme indignada, sentín a necesidade de facer entender a todos os galegos que a súa lingua materna é un privilexio e non algo do que avergoñarse, algo que está nas nosas raíces e non é necesario trasplantar.
LAURA LÓPEZ (4º ESO)
Os poemas que máis me chamaron a atención foron "Xaneiro, 1972, II" e claramente
"Deitado frente ao mar". O primeiro porque non me esperaba un poema de temática
amorosa vindo de Celso Emilio nin que tivera unha relación tan especial coa súa
muller. E o segundo porque me parece extraordinario, porque todos podemos falar o
galego porque si, porque nos gusta, porque nos peta e porque nos da a gana.
O poema "Deitado frente ao mar" transmitiume seguridade e forza, a mesma que
necesitaban para poder falar o galego hai uns anos atrás os nosos antepasados, para
poder así sentirse completamente na casa e poder desfrutar da súa xente. O poema
paréceme espléndido, pois nos versos que o forman queda explicado perfectamente
porque queremos falar o galego e lle temos tanto aprecio, algo que non todos
entenden.
LAURA TORRADO (4º ESO)
Un paso adiante e outro atrás , Galiza
e a tea dos teu soños non se move
A espranza nos teus ollos se espreguiza
Aran os bois e chove
Este fragmento mostroume varios sentimentos opostos e unidos a vez xa que expresame alegría e ledicia pola terra galega , e polo outro lado recordoume a loita do pobo galego contra represión do estado contra a Galiza ( Isto último é debido aos 2 primeiros versos)
MANUEL NANTÓN (4º ESO)
Digo Moraima
cando semento a esperanza.
Estes son dous versos do poema Onde o mundo se chama Celanova do autor Celso Emilio Ferreiro, Este poema fíxome parar a lelo e entendelo porque me pareceu que mostra unha beleza ou intenta mostrar a beleza do lugar propio do autor, Celenova, a base de Moraima.
Para min este poema faime entender o amor e aprecio que o autor ten a súa terra natal Celanova. Para o meu punto de vista, o poema esta moi ben redactado e cun léxico apropiado para que o lector chegue a entender o que o autor quere expresar. Se todo o mundo lle ten o mesmo cariño a súa terra e lle ve tanta beleza este poema para esa persoa será moi bonito e sinxelo de entender.
ANDREA SUÁREZ (4º ESO)
xoves, 14 de maio de 2020
ROSALÍA DE CASTRO AUTORA DO REXURDIMENTO
O alumnado de 3º da ESO participou na elaboración dunhas presentacións da autora de Padrón. Forma parte do currículo do seu curso e cada un achegou o seu traballo unha vez investigada a súa biobibliografía. Aquí podedes consultar as diferentes mostras e os traballos que cada un fixo para darnos a coñecer un pouco a faceta literaria de Rosalía de Castro.
mércores, 13 de maio de 2020
CENTÓNS DE PRIMAVERA
O alumnado de 1º e 2º da ESO atrevéronse a contruír un centón collendo versos dos nosos autores e autoras galegas. Os centóns que saíron podedes velos no vídeo seguinte, algúns son realmente curiosos e enxeñosos. Temos grandes poetas no CPI As Revoltas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)